O Arrolo ou Canción de berce, aínda viva en Galicia e moi presente no seu folclore,
consta dunha letra moi sinxela e tenra, e unha execución musical monótona para adormentar ós nenos.
Recolle os arrolos da túa contorna para traelos á aula e traballar con eles para desenvolver a túa propia proposta gráfica, coas técnicas de lettering e ilustración.
Achégate a túa aldea e pregúntalle aos teus avós (ou ás persoas de maior idade da túa familia) se recordan algún arrolo que lle cantasen de pequenos. Recorda apuntalos para levar á aula e confecionar cos seus versos, a túa creación.
Subiremos todos os vosos traballos, dos arrolos que máis vos identifiquen, para que queden na nube e que poidades valorar as propostas dos dos vosos compañeiros, compartilo...
“Acocha meniño,
acocha, ron, ron.
Acocha meniño,
que ven o cocón”
“Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir o neno,
que está no sono primeiro”
Pedro Chosco é o meu amigo,
que me vén visitar,
cando Pedro Chosco vén
horas son de me deitar.
Próximamente
“A run run, run run, meu neno.
A run run, a run run, meu amor.
Dentro das pallas, hai un meniño,
brando e roxiño, que dá primor.
Próximamente
O Home do Saco
xa está a chegar,
durmide meus nenos,
que vos ha levar